miércoles, 2 de noviembre de 2011

Sesión 18: "Las Mujeres fuertes", de Lola Fernández de Sevilla (2 de octubre de 2011)




Onte á saída do traballo preguntábanme: qué vas facer mañá? Teño grupo de lectura, respondo. Ah, e cómo é iso?, ben, xs que visitades este blog xa o sabedes. Pois estas tres mosqueteiras reuníronse nunha nova sesión para falar da noveliña dunha delas. Digo noveliña non como un diminutivo galego, que representa agarimo e causa especial, senón para aludir ao xénero: 128 páxinas de nouvelle. A nosa querida Lolita non se interesa por nengún Humbert Humbert, a nosa Lola déixase levar cando escreve aínda que ande a aprender ferramentas e camiños rectos, nos seus obradoiros (feministas!) de escritura. A nosa Lol. crea unha voz guía que cecais descubras que é a da protagonista -mentres les a pequena novela- e cecais non... e aínda que todo pasa (por) dentro, non hai monólogo interior nin rastrexos do estilo da nouvelle vague.

Hai teatro, puro teatro na polpa desta obra. Todo é unha looonga acotación -dí b.-. Todo é unha longa escena, entrecortada polos diferentes personaxes que van tomando a voz. O tema: como dicía nesta entradiña, é a fortaleza / debilidade como opción vital á hora de enfrontarse á vida. Ou máis ben deberíamos dicir: a reflexión sobre ese "ser fortes". O ton é confuso, neboento, e hai como unha tona que nos fai preguntarnos: cal é o límite entre ser fortes e forzarse? cándo de débil podo ser? a fraxilidade non é unha cualidade -a asunción desta- moi difícil de atopar como para ser desprezada de ante man? como personaxes empoderadas ou no camiño de estalo, selo podemos permitirnos o claroscuro da caída cotiá, ou debemos permanecer de pé e irnos para a casa lamber as feridas onde ninguén nos vexa?

Aquí está, a novela Las mujeres fuertes, para plantexar todas estas preguntas, e ao seu xeito, tentar respondelas!

Se alguén quere lela para editala (idea!) ou calquera outra cousiña, que se poña en contacto coa intrépida escritora Lola FdS aquí.



Free Counter and Web Stats