
Hai teatro, puro teatro na polpa desta obra. Todo é unha looonga acotación -dí b.-. Todo é unha longa escena, entrecortada polos diferentes personaxes que van tomando a voz. O tema: como dicía nesta entradiña, é a fortaleza / debilidade como opción vital á hora de enfrontarse á vida. Ou máis ben deberíamos dicir: a reflexión sobre ese "ser fortes". O ton é confuso, neboento, e hai como unha tona que nos fai preguntarnos: cal é o límite entre ser fortes e forzarse? cándo de débil podo ser? a fraxilidade non é unha cualidade -a asunción desta- moi difícil de atopar como para ser desprezada de ante man? como personaxes empoderadas ou no camiño de estalo, selo podemos permitirnos o claroscuro da caída cotiá, ou debemos permanecer de pé e irnos para a casa lamber as feridas onde ninguén nos vexa?
Aquí está, a novela Las mujeres fuertes, para plantexar todas estas preguntas, e ao seu xeito, tentar respondelas!
Se alguén quere lela para editala (idea!) ou calquera outra cousiña, que se poña en contacto coa intrépida escritora Lola FdS aquí.